lunes, 31 de diciembre de 2012

Prezos do leite

Neste apartado do blog tentarase mostrar a evolucion dos prezos do leite tanto en galicia como nas diferentes provincias galegas. Os datos recabados estan expostos polos doce meses de diferentes anos que abarcan dende 1996 ate o 2006, iste ultimo mes so correspondente a Galicia, e o ano 1996 so dispon dos meses de Setembro ate decembro. Comezarase a expoñer as taboas das provincias e logo a de Galicia; as taboas estan divididas por diferentes ramas, as cales son en primeiro lugar o leite quente, logo o F1, F2, F3, F4, F5, Total F1-F5 e Prezo total, cada unha delas subdividida en Prezo Total, Prezo Base e Total das Primas. Unha vez expostas todalas taboas procederase a unha breve explicacion do significado das siglas antes expostas.






Como se pode observar a maioria das celdas das taboas estan baleiras debido a que os datos non estan dispoñibles. No tocante as siglas empregadas son formulas que emprega a administracion para diferenciar a calidade do leite recollido, e esta clasificado da seguinte maneira:
  1. F1: explotacións de vacún cunha cota menor de 2.000 litros de leite/mes
  2. F2: explotacións de vacún cunha cota entre 2.000 e 3.499 litros de leite/mes
  3. F3: explotacións de vacún cunha cota entre 3.500 e 5.999 litros de leite/mes
  4. F4: explotacións de vacún cunha cota entre 6.000 e 9.999 litros de leite/mes
  5. F5: explotacións de vacún cunha cota maior de 10.000 litros de leite/mes
Esta estratificacion diferenciaba aquelas explotacions que vendian o leite se refrixerar ( leite quente) e aquelas que os vendian refrixerado, a cal pertence a anterior clasificacion.

Seguindamente exporase unha definicion de prezo base e outra de Total das primas de modo que se poidan comprender ben as taboas.

Prezo base
Refírese ao prezo mensual percibido, sen incluír as primas que poida percibir o produtor pola calidade do leite vendido (contido en nutrientes tales como a graxa, as proteínas, os hidratos de carbono, vitaminas e minerais) nin as minoracións no prezo  final derivadas do contido en células somáticas, xermes ou existencia de antibióticos e demais inhibidores no leite.
Total primas
Refírese ás cantidades percibidas, a maiores do prezo base, ou ben, ás cantidades negativas que deberán restarse ao prezo base percibido polos produtores en función da materia graxa, proteínica, bacterioloxía, células somáticas e outros aspectos que afectan á calidade do leite vendido.
Finalmente exporase unha taboa sobre os prezos do leite en galicia no ano 2006. Nesta  taboa so se mostraran os estratos F1, F2, F3, Total F1-F3, coa sua subclasificacio de Prezo Total, Prezo Base e Total Primas.
 
Neste caso a taboa dispon de todolos datos precisos. Os datos recabados para a elaboracion das diferentes taboas foron extraidos da paxina web do IGE, Instituto Galego de Estatistica.


                                                                                                         Brais Caamaño Blanco

domingo, 30 de diciembre de 2012

Cantidade de leite producida en Galicia e provincias entre o anos 1994 e 2011

Debido a actual crise do sector, como xa se ben remarcando e expoñendo neste blog a traves de informes de prensa, entrevistas a persoas relacionadas ou afectadas polo problema, tales como mos gandeiros, dirixentes de cooperativas, lideres sindicais, etc, temos como seguinte obxectivo mostrar a cantidade de leite que produce a nosa comunidade, dividida por provincias, dende o ano 1994 ò ano 2011. Para poder expoñe-los datos da forma mais sinxela posible e que poida ser comprendida adxuntaremos un grafico que nos mostrarà a tendencia da producion de leite ò longo dos anos sinalados, aparte da explicacion que se ofrecerà de ditos datos. Hai que engadir que se mostraràn duas graficas, unha de provincias e outra a nivel galego.


Tal e como se pode observar, os datos son os relativos a cantidade de leite producida nas provincias da Comunidade Autonoma de Galicia. O que mais resalta nesta grafica, como se pode observar, e que as provincias de A Coruña e Lugo son as que mais leite producen, mentres que a provincia de Ourense, aunque xa non producise moito leite, nos ultimos anos sufriu unha baixada considerable, e a provincia de Pontevedra estase mantendo, e incluso aumentando lixeiramente a sua cantidade de producion. Tamen se pode observar que houbo unha baixada na producion de leite na provincia de Lugo no ano 2000 e un repunte no mesmo ano pero volve baixar no ano 2004 e volve a repuntar lixeiramente, mentres que na provincia de A Coruña observamos unha baixada entre os anos 2001 e 2003, cunha estabilizaciòn no mesmo ano. Seguidamente exporase a grafica coa cantidade de leite producida no conxunto de Galicia.


Esta grafica è so unha mostra da evolucion da cantidade de leite que se produce en Galicia na sua totalidade, e como se pode observar, a cantidade de leite aumentou lixeiramente nos ultimos anos debido ò aumento da cantidade de leite producido na provincias de A Coruña, Lugo e Pontevedra.
Os datos que se presentan mediante graficas foron extraidos da paxina oficial do IGE, Instituto Galego de Estatistica, e os datos relativos ò perìodo de 1998 ò 2007 foron actualizados por cambios na fonte o 18/10/2010, e as medidas na cantidade de leite son en miles de litros, tanto en Galicia como en provincias.


                                                                                                     Brais Caamaño Blanco



Onte tiven a oportunidade de entrevistar a un gandeiro de Silleda, José Villanueva. El coñece de primeira man o problema do sector o que se leva adicando bastantes anos. El respondeunos amablemente a estas preguntas.

     Cantos litros de leite produce?
                      Produzo 5.500 litros ao mes e 70.000 ao ano.
       Número de vacas?
                      En descenso dende fai uns anos, actualmente teño 12.
     Fixo grandes reformas na súa explotación nos últimos tempos?
                         Non.
    Como lle afecta a actual crise do sector?
                      Sen tratar de esaxerar, podería decir que case teño máis gastos ca beneficios.
      Para quen produce? A que empresa lle vende o leite?
                        Produzo para a cooperativa Indega e eles son os que o venden despois. Agora creo que xa non llo venden a Alimentos Lácteos.
    Solucións ou medidas que lle beneficiarían ao sector leiteiro?
                    Home para min sería importante baixar os custes de produción e subir os prezos do leite. Vendo o leite a 25 cénts/litro e o penso custa 40 céntimos. A esto hai que engadirlle o prezo de gasóleo, fertilizantes…
     Beneficiaríalle saír desta actividade e adicarse por exemplo as vacas de carne ou vender vostede o propio leite?
                          Non, cas vacas de carne tería os mesmos gastos e aínda menos ganancias, é dicir, daría máis perda. En canto o de vendelo eu sería moi custoso, afrontaría grandes inversións e non é nada fácil, hai que estar moi preparado.
      Asinou algún contrato con algunha empresa?
         De momento non. Se a cooperativa me manda firmaríao, aínda que dera perdas. Teríao que firmar por obligación (pon cara de resignación).

      Está afiliado a algún sindicato?
          Non, nin quero. Porque na teoría axudanche, pero na práctica non. Habería que mantelos  a eles e para eso non me afilio, ademais eles deféndese así mesmos e cando lle convén a nós. Entendo que existan, pero non quero saber nada de ningún.
   Que grao de responsabilidade, segundo vostede, lle dá ao Goberno?
          Moita. A Xunta non ve que noutros lugares se paga máis o leite, entón porque permiten que aquí se tiren os prezos? Alimentos Lácteos recibiu moita axuda por parte da Xunta, para que se beneficiaran uns poucos.   
      De seguir así que pronóstico lle fai a esta actividade?
           Cerrar.

                              
                                                                               José Fontao Salgueiro

sábado, 22 de diciembre de 2012



RECOLLIDA EN GALICIA (en litros):

EMPRESA
RECOLLIDA DIARIA
LEITE RIO
1.085.000
LACTALIS
    990.000
CELTA
    880.000
CAPSA
    820.000
CELEGA
    400.000
FEIRACO
    340.000
ENTREPINARES
    305.000
RENY PICOT
    180.000
NESTLÉ
    175.000
DANONE
    170.000
IPARLAT
    140.000
RESTO  COMPRADORES
    940.000
TOTAL
6.425.000
                                                                                       Fonte: La Voz de Galicia







                                                                

                         
 José Fontao Salgueiro
             

Coloquio con Óscar Pose Andrade: Unha visión sindicalista

A persoa á que acudimos esta vez é Óscar Pose Andrade, secretario de Servizos e Infraestructuras en Unións Agrarias, e como non, gandeiro. Fúmonos reunir con él á sede que ten Unións Agrarias en Santiago de Compostela, na rúa Doutor Maceira, onde fumos moi ben tratados e atendidos.

Tractorada do 2009 en Santiago (Foto UUAA)

-Como comezou esta crise?

R- A crise comezou en 2009 (gran tractorada), e foi nos seus inicios unha crise moi forte sobre todo para os países do norte (Francia e Alemaña). Para intentar solucionala creouse un grupo de expertos a nivel europeo para que deran  solucións aos estados membros. E diso sacáronse  dous puntos principais: a creación da figura dos contratos (obrigatorio en España) e as organizacións de productores.

-Como se calculaba o prezo do leite?

R- Pois facíase de arriba a abaixo as empresas decidian o prezo final do leite e a partir de aí botaban contas. E por iso as marcas blancas aforran ata un 60%. As industrias que son un número limitado presionan ao gandeiro que son moitos e algúns están desinformados e así é como consiguen firmar eses prezos irrisorios. Claro, si che din gañar por litro 26 centimos a non gañar nada... En ton para acabar con todo istop creouse a INLAC, unha organización estatal onde se atopan cooperativas, gandeiros e productores. Eles a parte de mediar e informar ao cliente elaboraron tres modelos de cálculo do prezo do leite, de modo orientativo [ver entrada do cálculo do prezo do leite].

-E como funcionan eses contratos?

R- Os contratos pretenden que o gandeiro teña máis forza. En España puxéronse como obrigatorios. Aquí a duración do contrato é de 1 ano, en Francia de 5 anos. Neles ten que aparecer o prezo do leite suxeito a uns indicadores (normalmente calquera dos tres da INLAC). Son bos por que permiten aos productores poñer eles o prezo. Xa se firmaran en 2009 por administración, industria e productores so que ao non haber ningún órgano regulador declaráronse ilegais. Por suposto denunciouno a industria. 

-E por que non se firmaron aínda os novos contratos?

R- En primeiro lugar porque entre os contratos e as organizacións de productores falta un mediador. En Francia creouse a figura pola falta de acordos. Aquí na nova Ley da cadea alimentaria establecese que se debe crear esa figura. E en segundo lugar e de modo máis importante polo prezo. Actualmente o repzo do leite non da nin para cubrir custos, é máis, está bastante lonxe diso. Actualmente o prezo está de media nos 29 centimos e o que se busca é que chegue aos 33-34 céntimos, que se achegue aos custos de produción o máximo posible que está en 37 céntimos. Evidentemente si se firman os contratos agora vaise arrastrar o prezo toda a tempada, de aí a folga do mes pasado, que busca subir o prezo para inmediatamente despois firmar o contrato. A data límite para firmar os contratos era o pasado 4 de outubro pero os productores non pensamos firmar ata que remonte un pouco o prezo do leite. Esperábase firmar antes de finais de ano.

- Creouse algúnha organización de productores?

R- Os tres sindicatos (Unións Agrarias, Asaja e Sindicato Labrego Galego) quedamos en montar un cada un coa nosa xente e logo fusionalos. O número mínimo de membros é de 3000. Solamente Unións Agrarias consigueu chegar a eses 3000 poductores sobrepasando moi pouco esa cifra. Esa figura chámase ULEGA (Unión de Leiteiros de Galicia) e creouse en novembro do ano pasado. Este é o ente que firma os contratos. Ao principio falábase de que nos  contratos o prezo sería o de Francia máis 3 céntimos (31+3). Como xa comentamos o contrato rebentouno a industria. Para formar parte de ULEGA hai que firmar un contrato de permanencia de tres anos. É triste pensar que so 3000 productores de 11000 están neste ente tan benficioso para nós (os productores). Pero ese é o traballo dos sindicados , informar por que a maior parte desta xente non está por descoñecemento.

Asemblea constituínte de ULEGA (Foto de M.M. La Voz de Galicia)

-Que influencia ten LACTALIS e Francia en xeral no mercado español? Cree que pode haber detrais un intento de destrucción do mercado español?

R- Lactalis, como xa sabedes é o maior xigante leiteiro francés, é si, é verdade que en Francia teñen un problema de excedentes con 6 millóns de litros/día, mentras que en España o mercado necesita 9 millóns de litro de leite e tan so produce 6. Pero cabe destacar que a maior empresa española de produción de leite é Lactalis, é decir que eles fixeron grandes inversións no mercado, demasiado grandes como para deixalas caer. A última delas a compra de leite President. Persoalmente non creo que exista ese interese por parte de Francia.

-Finalmente, como ve o futuro do sector leiteiro?

R- Pois creo que si non se chega a un acordo rapidamente a meirande parte das explotacións pechará. E outra cousa que se debera facer unha vez saiamos desta crise e cambiar a produción de leite líquido ( con pouco valor engadido) e invertir en elaborados como queixo e iogures que se move en marxes máis grandes. O que si tamén se debera de mirar é a creación de forraxe. En Galicia co minifundio é case imposible ter unha produción decente xa que non sae rentable, e isto impulsa que en zonas gandeiras se impulse o terreo forestal algo que está prohibido pola lei de montes pero no que ninguén fai nada. Ademais o banco de terras funciona moi mal e creo que sería unha institución de moita axuda se chegase a funcionar ben.
------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Quero dar as grazas por esta entrevista ao entrevistado, Don Óscar Pose Andrade e a José Ramón Sampedro G. por facilitarme o contacto.

Artur Quelle Losada


25 anos para crear un grupo que non triunfa.

Se hai unha constante que se vén repetindo nas últimas décadas é a necesidade de que Galicia faga valer o seu peso na produción láctea. Os esforzos por crear un grupo lácteo galego foronse disolvendo ao mesmo tempo cas empresas establecidas na comunidade foron cambiando de máns, nalgúns casos co visto bo da propia Administración.

Larsa, co beneplácito da Xunta, é vendida a gala Union Laitiere Normande (ULN) nun momento que a firma viguesa aspiraba a convertirse no líder español. Tres anos despois ULN suspende pagos e Larsa é vendida á tamén francesa Bongrain que a súa vez é traspasada despois a asturiana Corporación Alimentaria Peñasanta. (Abril, 1987)

Leyma fusionase con Colaga e Lactaria Española (RAM) nun intento de formar un grupo lácteo galego. A operación non funcionou pola falta de inversións e acaba sendo absorbida Leyma-Ram pola granadina Puleva.(Febreiro, 1992)

A multinacional americana Suiza Foods compra a Antonio Marchal, fundador de Leite Celta, o seu paquete accionarial facéndose así co control total da firma aínda que dende 1989 xa era accionista maioritario. (Agosto, 2001)

Leite Río compra Leyma ao grupo alimentario andaluz Ebro Puleva. Xesús Lence faise así coa planta de Arteixo e coa firma que pivotou durante anos o fallido grupo lácteo galego. A americana Dean Foods xa intenteran unha operación similar dous anos antes. (Xullo, 2005)

O grupo lácteo portugués Lactogal adquire Leite Celta á estadounidense Dean Foods, xa fusionada con Suiza Foods, por 50 millóns de euros convertindose na segunda maior láctea peninsular.
Tanto Leite Río como Feiraco puxaran pola láctea con sede en Pontemaceira, pero sen contar co apoio da Xunta. (Agosto, 2006)

Alimentos Lácteos formada polas cooperativas La Arzuana, Gancobre (Bretoña, A Pastoriza); Perpetuo Socorro (Arzúa); Mopán (Monterroso) e Terra Chá (Castro de Rei) chegan a un acordo con Pascual para o aluguer, con opción de compra, da planta de Outeiro de Rei.(Febreiro, 2010)

O xigante francés Lactalis compra a Ebro a súa división Láctea por 630 millóns. Faise así coa planta que Puleva ten na localidade lucense de Nadela e amplía aínda máis o seu posicionamento no mercado lácteo español. (Marzo, 2010)

O xuíz autoriza definitivamente a venta de Clesa á cooperativa Feiraco. A láctea con sede en Pontemaceira, en unión con outras cooperativas, facíase coa planta de Pontecesures por algo máis de 10 millóns de euros. (Febreiro, 2012)
  



                                                                                                  José Fontao Salgueiro                                                                                             
     

  


domingo, 16 de diciembre de 2012

O prezo do leite: como se calcula

A INLAC é a interprofesional láctea creada ao amparo da Ley 38/1994 reguladora das organizacións interprofesionais agroalimentarias creada no seu momento polo Ministerio de medio ambiente, rural e mariño, actual Ministerio de agricultura, alimentación e medio ambiente. O principal traballo que fai este organismo é mediar entre gandeiros e empresarios e ser un organismo de axuda ao consumidor. Actualmente é él o que da os prezos do leite.



Existen tres tipos de cálculo do prezo do leite. O "vaca A", "vaca B" e "vaca C". Destes o de cálculo máis complicado é o A. Os outros dous son máis sinxelos. 

En primeiro lugar o prezo de "vaca B" é aquel que deriva do cálculo do prezo tendo como modelo a Francia, a segunda productora de leite de toda Europa. O problema do caso é que en Francia os prezos desplómanse na primaveira, algo que perxudica moito ao prezo nesta época do ano. Este modelo igual que o de "vaca C" é moi rápido, é dicir, toma os datos da mesma semana. No momento de escribir esta entrada os datos do cálculo deste parámetro son do 12 de decembro e o índice desplómase un 5'38%.

En segundo lugar o prezo da "vaca C" é aquel que deriva do cálculo do prezo tendo como modelo a Alemaña, a primeira productora a nivel europeo. Pero aínda que este índice é moito máis estable ao longo do ano, está feito con datos alemáns e orientados os prezos ao seu modo de produción e nivel de vida. Ao igual que francés os datos son tomados case do mesmo día, sendo os últimos tomados o 12 de decembro tamén. Nestes momentos o índice aumenta un 6'36%.

Por último xa, cabe falar do índice máis complexo, o da "vaca A". Este índice está elaborado polos profesores da USC do campus de Lugo Sineiro e Santiso. É un índice moito máis completo xa que ten en conta moitos máis parámetros. En primeiro lugar está formado por cinco apartados. O primeiro apartado conta un 20% do dato final e está elaborado polo prezo do leite en 5 países. O prezo de Francia conta un 39% do total deste 20%, o de Alemaña un 26%, o dos Países Baixos un 14%, o de Portugal un 12% e o de  Dinamarca un 9%. O segundo apartado ocupa un 10% e ten en conta o prezo de dous queixos de consumo habitual: o Edam (1/3 deste 10%) e o Gouda (2/3 deste 10%). O terceiro factor ocúpanos un 12% do cálculo do índice e está basado no prezo da manteiga. O cuarto factor ocupa un 38% e cálculase segundo o valor do prezo do leite de consumo en España. E finalmente, o quinto factor ocupa un 20% e trata do prezo do penso e outros elementos para a alimentación do gado (alpacas...). Este índice calcúlase con datos de bastante tempo atrais. Neste momento tómanse como datos o 30 de setembro deste ano e sobe un 1'02%.

É bastante obvio que o mellor índice é este último e dado estando como está agora as cousas é un índice que case sempre sube xa que o prezo do penso, dos queixos e do leite en xeral sube continuamente.

Referencias:
INLAC: http://www.inlac.es/index.php/

Vaca A: http://www.inlac.es/index.php/contratacion/indices-referenciacion/refer_es

Vaca B: http://www.inlac.es/index.php/contratacion/indices-referenciacion/refer_fr

Vaca C: http://www.inlac.es/index.php/contratacion/indices-referenciacion/refer_al

Índice conxunto: http://www.inlac.es/index.php/contratacion/indices-referenciacion

Artur Quelle Losada

jueves, 13 de diciembre de 2012

A crise con nome e apelidos: O caso de Alimentos Lácteos.

Como todos sabemos, o prezo do leite está por debaixo do seu custo de produción. Raro é que algún partido maioritario se mova por asuntos coma estes, pero sempre quedan os partidos da terra para defender o que é noso. Neste comunicado levado a cabo por Matias Rodriguez da Torre, tenente alcalde de Silleda analizanse dun xeito moi xeral o aumento de prezos do leite, ao que el apunta principalmente a subida so pensos dun 34%, fertilizantes dun 60% e enerxía dun 50%. Tamén analiza que so en Galicia se está a producir esta crise, sen topar a outras comunidades como Asturias ou Valencia.





Alimentos lácteos é unha empresa que comezou o 23 de xaneiro de 2010 na antiga planta que a empresa Pascual pechou en Outeiro de Rei. Naquel momento uníronse a este proxecto once cooperativas entre as cales se atopa a nosa INDEGA. Nesta empresa traballan 80 persoas repartidas en 9 departamentos. Logo disto a empresa firmou uns contratos con compradores para o abastecemento de leite, dos cales aínda non conseguiu chegar ao número acordado de litros de leite, o cal prodúcelle perdas. A continuación faremos un breve repaso temporal do que lle ocurriu á empresa nos últimos 6 meses.

1 de agosto de 2012. As cooperativas socias de Alimentos Lácteos fan unha achega de capital de 1'6 millóns de euros. Esta achega que é a segunda logo dunha primeiro de 2'3 millóns de euros a finais de 2011 e realizouse proporcionalmente entre as cooperativas segundo volume de entrega pagando 400.000 euros a que máis e 10.000 euros a que menos. Esta ampliación de capital serviu para ampliar e mellorar os servizos da fábrica e intentar un abaratamento de custes. Cabe destar que o 50'9% de Alimentos Lácteos pertence a dúas cooperativas, Gancobre de Bretoña e Arzuana de Arzúa.

17 de novembre de 2012. Logo de levar dende xullo sen cobrar a cooperativa Terra Chá de Castro de Rei deixa de fornecer de leite a Alimentos Lácteos, sendo a última dunha larga lista. So quedan catro cooperativas entre elas a Arzuana e INDEGA. Nese momento a produción atopábase ne torno a 75.000-100.000 litros diários o que a facía insostible. 


21 de novembro de 2012. O xerente da empresa, Miguel Martín afirma que logo do chamamento que a empresa realizou para o aumento da cantidade de recollida de leite, a cantidade aumentará un 25% antes de finalizar dita semana. Di tamén que é importantísimo a chegada de máis leite para complir o límite firmado para "poder manter os clientes e non perder os contratos". Nese momento movíanse sobre 700.000 litros de leite/día, moi por debaixo do necesario para satisfacer o seu mercado.

10 de decembro de 2012. A empresa busca un paquete de medidas que lles permita volver ser rentables, intentando crear un novo exercicio onde cadrar as contas. O novo proxecto aséntase sobre tres pilares: o primeira abrir a empresa a novas cooperativas e valorizar as marcas "Deleite Galego" e "Muuu" a nivel nacional e estatal. O segundo é mellorar a eficacia da pranta de Outeiro do Rei recortando nalgúns departamentos e sobre todo no comercial. E finalmente conseguir a financiación necesaria para poder levar a cabo o proxecto.

Para máis información:





Artur Quelle Losada


miércoles, 12 de diciembre de 2012

A "supertaxa" de 1996

A pasada semana fixémonos eco dunha noticia impactante para o mundo do leite: A empresa Puleva Food S.L. Unipersonal tramitou o cobro a gandeiros de Silleda, Lalín e A Estrada da "supertaxa" de 1996-1997. Esta "supertaxa" vai dende os 100 ata os 3000 euros dependendo do volume de quilos de leite que cada gandeiro tivera superado con respecto á cota asignada fai 16 anos.


Foto de Bernabé/Guitier (Faro de Vigo.es)

Puleva, comprada polo xigante francés Lactalís fai dous anos, pagou en 1996 o importe da liquidación por concepto de Taxa Suplementaria que tiñan que pagar os gandeiros ao Fondo Español de Garantía Agraria. A Taxa Suplementaria é unha taxa instaurada en 1984 pola Unión Europea para reducir o desequilibrio entre a oferta e a demanda de leite e de productos lácteos e por extensións dos excedentes lácteos. Os estados abonan ao Fondo Europeo de Agrícola de Compensación Agraria se rebasan a cantidade de referencia nacional. Á súa vez o estado tramítalle a multa aos propios productores. Esta taxa é máis coñecida como "cota láctea". Ante isto, moitos gandeiros reclamaron entre os anos 2000 e 2001 ao Ministerio de Agricultura sen resposta ata o momento.

Polo de agora o Sindicato Labrego Galego leva conta de 10 casos na Estrada; aínda que en   Silleda e Lalín están sin determinar. Como so os emitiu Puleva, non se sabe se son pola posta ao día levada a cabo logo da compra da empresa por Lactalís ou polos cambios producidos nesta zona onde gran canidade de gandeiros racharon contratos con Puleva para vender a outras marcas, o que sería unha vinganza. Como non se sabe máis non se descarta que outras empresas tamén obriguen a abonar a taxa aos seus gandeiros e tampouco se sabe se esta orde veu mandada dende o Ministerio ou dende a propia empresa. En tal caso estamos a intentar contactar con algún dos afectados para que nos conten a súa visión e expliquen de primeira mao o acontecido.

Para máis información:

-Noticia en Faro de Vigo: http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2012/12/10/industria-reclama-3000-euros-ganaderos-supertasa-16-anos/724416.html
-Taxa suplementaria: http://europa.eu/legislation_summaries/agriculture/agricultural_products_markets/l11091_es.htm

Artur Quelle Losada


domingo, 9 de diciembre de 2012

Presentación dos datos oficiais.



Presentación dos datos.
A presente táboa corresponde ao igual que o resto das datos aquí publicados do ano 2010 no IGE. A taboa exponnos en datos absolutos os volumes de hectáreas das explotación galegas de gando bovino. Adxunto tamén un gráfico donde se calcula en % o total de explotacións segundo a súa superficie da provincia de Pontevedra.


Galicia
A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra






Total estrato
45.268
16.843
16.250
2.574
9.601
1-2
11.138
3.664
1.608
547
5.319
3-4
4.752
2.103
1.405
319
925
5-9
6.909
2.979
2.499
494
937
10-19
7.446
2.941
3.185
453
867
20-29
4.582
1.667
2.146
229
540
30-49
5.232
1.678
2.786
238
530
50-99
3.929
1.303
2.078
152
396
100-199
1.071
429
454
118
70
>=200
209
79
89
24
17



Seguindo  no corespondente a Galicia e ao nivel provincial no IGE atopamos dous tipos de explotacións productoras de leite: as propias e as mixtas, aquelas que ademais de producir leite producen carne. En termos absolutos

Tipo
Galicia
A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
Leiteiras
12.759
5.370
5.071
125
2.193
Mixtas
2.422
372
1.302
165
583

Con tales datos observamos un desequilibrio foi forte das provincias do norte con respecto ás do sur, sendo A Coruña seguida moi de cerca por Lugo as maiores, con diferenza en número de explotacións. Nas maiores provincias compensase en Lugo cunha maior concentración de hectáreas , a diferenza da Coruña, onde o número de explotacións con máis de 10 ha é menor que en Lugo.
A produción de Leite tamén se acolle a estes parámetros. Segundo o IGE, Galicia produciu en 2010 2.337.545.000 litros de leite dos cales algo máis de 1004millóns foron producidos na Coruña, 1048millóns en Lugo, 23 millóns en Ourense e na provincia que nos toca 262 millóns, a terceira no ranking.

Xa a nivel municipal temos datos dos aproveitamentos das terras, neste caso en catro grandes grupos: Forestal arbolado, Pasteiro, Superficie de Cultivo e Prado e Outras superficies (Datos en Ha)


E xa para rematar os datos de explotacións e número de vacas total, muxideiras e non muxideiras.

Silleda 2010
Explotacións
Número total de vacas
Número de vacas muxideiras
Número de vacas non muxideiras
596
8.575
7.696
879

Bibliografía: Datos do IGE
Artur Quelle Losada