martes, 16 de octubre de 2012

O noso traballo e o motivo de escolla.

O noso traballo titúlase "A problematica leiteira en Galicia: o caso de Silleda (Deza)".
Antes de que o rural buscara ser un lugar no que se ofertaran diversas actividades; é dicir, antes da súa diversificación, a principal actividade económica que o campo ofrecía era a obtención de rendimentos pola venda de leite ás industrias. Esta actividade tivo en Galicia un peso maiúsculo durante boa parte dos séculos anteriores.

Agora que se busca un rural  que sexa máis que agricultura e produción-conservación do medio ambiente, lugar atractivo para vivir, conservación da paisaxe- o grupo non quere esquecer ese pasado leiteiro. Por iso nos centramos neste tema para indagar os problemas reais e así non ter unha idea borrosa, do que é un tema que aparece nos medio de comunicación a todas horas. Partindo de prexuízos e opinións pouco claras- entrada na UE, industria enganosa- queremos acabar o traballo sabendo cales son esas trabas e incluso se é posíbel aportar solucións.

Sabemos que vamos  necesitar moito traballo a pé de campo: ir a granxas, entrevistas cos gandeiros e sindicalistas… ver a diferenza entre a Galiza de onte e de hoxe, ver que fan os políticos no asunto, o papel das industrias ou como influiu a entrada na UE.  En definitiva moito traballo para atopar o quid da cuestión.

 

Quen somos

O grupo de Investigacións Agro-Gandeiras do Noroeste Peninsular está formado por tres alumnos de Xeografía Rural da Universidade de Santiago de Compostela. A saber, somos de esquerda a dereita José Fontao Salgueiro, Artur Quelle Losada e Brais Caamaño Blanco.