miércoles, 16 de enero de 2013

Conclusiós do traballo

O presente traballo sirveunos para abrirnos os ollos ante un dos maiores problemas da nosa terra: o maior problema do medio rural. Con este informe coñecimos os principais problemas do sector, co prezo do leite, á cabeza. O aumento dos conbustibles, os cereais para a fabricación do penso e a necesidade de maiores extensións de terra para a creación de forraxes.



Logo de falar con expertos do sector, entre eles gandeiros, sindicalistas, profesores de universidade e cooperativistas chegamos a varias conclusións:
-Descobrimos que a crise era a nivel europeo e que comezou en Europa antes que en Galiza.
-Que os prezos non dan cuberto a día de hoxe os custos de produción  (facelo custa 37 cent/l e a venta atópase agora mesmo en 31cent/l logo dunha pequena suba a principios de xaneiro).
-Que a Unión Europea intentou levar a cabo unha solución creando dúas figuras: o mediador entre gandeiro e industria e a dos contratos nas que se firma o prezo do leite ao longo de todo un ano no estado español.
-Que actualmente so é Galiza a que ten que cargar cos prezos máis baixos do estado.
-Que non se firman os contratos ata que suban os prezos para poder cubrir os custos de produción.
-Tamén que as cooperativas deben ter un papel máis activo e non so dedicarse a vender penso e outras cousas, porque xa que reduce a carga de traballo tamén aumenta os custos.
-Con respecto a estas últimas observamos unha atomización delas que no palno galego actuan como competencia entre elas en vez de unirse nunha cooperativa de segunda grao capaz de conseguir mellores prezos e resultados.
-Xa para finalizar démonos de conta de que últimamente están a entrar no mercado galego empresas foraneas, basicamente francesas (Lactalís...) e de que a produción de leite é maiormente así, sen elaborar, sendo o leite líquido o que menos valor engadido xera.

Como conclusión ás ideas para a resolución deste crise, logo do noso estudo cremos que existen tres piares fundamentais que deben ser resoltos:

1. Aumento da terra en mans de gandeiros. Deberíase de prohibir as explotacións forestais en terras validas para a realización de actividades ganderias ou agarias, mellorando o banco de terras para que os donos podan sacar beneficios destas e os gandeiros utilizalas para forraxe, pastos...

2. Creación dunha industria leiteira galega. Fai falla que se unan forzas para a creación dunha industria unida de capital galego, coa que facer fronte no mercado internacional.

3. A derradeira sería a estabilización do prezo do leite, xa que sen iso eliminamos a capacidade de subsistencia dos nosos gandeiros. Con isto tamén buscaríamos un maior apoio ao desenvolvimento dos produtos elaborados do leite: queixo, requeixo, iogures...


Brais Caamaño Blanco e Artur Quelle Losada

martes, 15 de enero de 2013

Prezos que pagan e prezos do leite que perciben os produtores

Neste nova entrada do blog tratarase os prezos que os produtores pagan por certos produtos que precisan para a sua industria, tales como trigo, pensos, fertilizantes,etc, e iso è o que se vai tratar neste momento. Os datos abarcan dende o 2006 ó 2010 e foron extraidos da paxina web da conselleria de Medio Rural e Mar pretencente a Xunta de Galicia, e para que se poida ter unha maior vision do contido asi como dunha exposicion mais clara procederase a expoñer unha serie de taboas cos prezos dos produtos relativos ós anos e meses correspondentes, xa que as taboas estan divididas por meses.Tamen se explicara e se exporan duas imaxes, unha taboa e unha grafica, sobre os prezos do leite percibidos polos produtores, dende o ano 2007 ó 2011 divididos por meses. Os datos deste ultimo apartado foron extraidos da paxina web do IGE, Instituto Galego de Estatistica. a continuacion exporanse as datos dos prezos pagados polos produtores.

                                
Nas taboas anteriores podese ver o prezo que os gandeiros pagan por certos pordutos e a sua evolucion dende o 2006 ó 2010. Nas seguintes imaxes mostrarase o prezo do leite percibidos polos produtores.

 

 
A taboa dos prezos esta dividida como as expostas anteriormente, en 6 estratos e mediante os grupos Prezo Total, Prezo Base e Total Primas. Na grafica anterior podese var a evolucion dos prezos percibidos polos produtores.
 
                                                                                                     Brais Caamaño Blanco


 
                                                                                                  

domingo, 6 de enero de 2013

Prezos do leite en Galicia

Nesta nova publicacion seguiremonos centrando sobre a cuestion dos prezos do leite porque como ben se dixo anteriormente é un dos problemas principais do sector. Na presente publicacion centraremonos en continuar coa exposicion dos prezos no sector lacteo con datas actuais, xa que na anterior publicacion dixose que nos íamos centrar nos prezos dende 1996 ó 2006, e na agora centraremonos dende o ano 2007 ó 2011, e para iso exporanse unha serie de taboas que clasifican os prezos segundo os estratos das explotacions. Como a palabra estratos pode non estar moi ben comprendida e è imprescindible para comprender a clasificacion do sector procederase a unha breve aclaracion do termo.

Estratificación dos produtores de leite
A estratificación da mostra das explotacións gandeiras determínase polo tamaño das mesmas, medido pola cota láctea que posúan. Entre os anos 2007 e 2009 a estratificación empregada foi a seguinte:
  • E1: explotacións de vacún cunha cota menor de 72.000 kg de leite/ano
  • E2: explotacións de vacún cunha cota entre 72.001 e 240.000 kg de leite/ano
  • E3: explotacións de vacún cunha cota entre 240.001 e 500.000 kg de leite/ano
  • E4: explotacións de vacún cunha cota maior de 500.001 kg de leite/ano
Dende o ano 2010 a estratificación empregada pasa a ser a seguinte:
  • E1: explotacións de vacún cunha cota menor de 100.000 kg de leite/ano
  • E2: explotacións de vacún cunha cota entre 100.001 e 200.000 kg de leite/ano
  • E3: explotacións de vacún cunha cota entre 200.001 e 300.000 kg de leite/ano
  • E4: explotacións de vacún cunha cota entre 300.001 e 400.000 kg de leite/ano
  • E5: explotacións de vacún cunha cota entre 400.001 e 700.000 kg de leite/ano
  • E6: explotacións de vacún cunha cota maior de 700.001 kg de leite/ano
A estratificacion ben sendo unha clasificacion do sector segundo o tamaño das explotacions, e dito tamaño establecese segundo o nivel de cota que teñen  adxudicado. Finalmente cabe destacar que, a diferenza dos datos presentados na anterior publicacion, os datos presentados neste momento só estan a nivel Galicia e non a vivel Galicia e provincias, e tódolos datos foron extraidos da paxina web da conselleria de medio rural e mar, pertencente a Xunta de Galicia. A continuacion espoñense as taboas dende o 2007 ó 2011.
 
 
 
 
Como ben se pode observar nas taboas e como se dixo anteriromente na clasificacion, os prezos estan clasificados segundo os meses e os seis estratos, tamen hai clasificacion de catro estratos pero ímonos centrar na actual que son seis, tamen segundo o prezo base e o total das primas que xa foron aclarados na anterior publicacion, pero sem embargo nos anos 2010 e 2011 xa xorde unha clasificacion mais exacta segundo a materia graxa, bactereoloxia, etc, e dicir, materias primas. No ano 2011 só temos datos ate Xuño. Cabe destacar tamen nos anos 2010 e 2011 tamen se nos mostra un prezo ponderado dos estratos, e dicir, unha media dos seis estratos.
 
                                                                                                    Brais Caamaño Blanco
                             
                                                                                                                       


 
 



miércoles, 2 de enero de 2013



Entrevista a Edelmiro López Iglesias:





Edelmiro López Iglesias, nado en Bilbao  é un economista,  autor de varios libros e numerosos artigos en revistas especializadas e publicacións colectivas. Doutorouse en Ciencias Económicas na USC, con Premio Extraordinario de Licenciatura e de Doutoramento. Desde 1984 vén desenvolvendo a súa actividade profesional como profesor no Departamento de Economía Aplicada da propia USC. Ademais de 1999 a 2005 ocupou o posto de Director do  Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento Local (IDEGA).
De agosto de 2005 a abril de 2009 ocupou o cargo de Director Xeral de Desenvolvemento Rural.



Contenos, como comezaron os problemas no sector lácteo?
Os problemas no sector lácteo xa existían dende a entrada na Unión Europea, pero os problemas foron cambiando.
No ano 84 a UE decide por uns topes a produción de leite debido aos excedentes que había. España entra no 86 e acepta esa aplicación. Ahí xorde o problema, pois en Galicia a especialización láctea xurdiu de maneira tardía, a produción era deficitaria e o volume de produción era inferior á demanda interna.

E cales eran os problemas na súa etapa na Xunta?
A cota xa non o era, no 2015 a UE vainas eliminar. De feito dende fai seis anos España produce menos leite da cota que ten. Actualmente o prezo do leite está moi baixo e na etapa no bipartito os problemas que collemos foron os últimos coletazos da cota e o baixo prezo do leite. Aínda así o ano 2007 e 2008 foron bos, cun prezo de 40 céntimos. Despois seguiría a haber altibaixos.

Que solucións barallaban?
Eu diría que no sector lácteo teríamos catro problemas. O primeiro sería pórlle a Galicia máis cota da que ten pois a que tiña era insuficiente, ademais a outras CC.AA sobraballe cota. En segundo lugar era estabilizar a relación entre prdutores e industria, ben a contrato, ben a través a negociación colectiva a través da mesa do leite.
En definitiva, era a consolidación das interprofesionais, unha instancia onde se senten produtores, industria e cadea de distribución e que pacten as condicións na que deben funcionar.


                                                        " A idea de facer un grupo lácteo fracasou"


Vostede xa nos dixo dúas das súas prioridades, falta as outras dúas, cales son?
Facer unha industria galega potente. Nós producimos entre o 20% e o 25% do leite que logo outras industrias transforman fóra de Galicia. A industria que hai aquí non transforma todo o leite que producimos e ademais só o envasa, polo que non se produce valor engadido.
A última prioridade era a de crear un banco de terras. No plano tecnolóxico Galicia non ten nada que envexar a outros lugares, pero a base territorial é moi pequena. Esto supón que lle tes que dar máis penso polo que os custes de produción se disparán.

Destas medidas cales conseguiron e cales non?
Debo confesar que a de facer un grupo lácteo fracasou. A idea era que as caixas galegas comprasen unha serie de prantas que xa existían e crear un grupo potente. Ese grupo sería o maior de Galicia e incluso de España e Portugal. Non envasaría só leite, senón que daría valor engadido e podería negociar de ti a ti. A actual crise levounos o plan, aínda que xa estaba avanzado.
A creación do banco de terras era pór a funcionar as terras que estaban abandonadas co fin de que os gandeiros abaratasen custes. Esta medida leva tempo consolidadala e co cambio de goberno foi decaendo.
  
Co cambio de goberno, o PP non seguiu os seus pasos, pero leva a cabo medidas en beneficio do sector, facendo a marca Deleite ¿Que lle parece esta medida?
Si, Deleite traballa cunha empresa que se chama Alimentos Lácteos, eu creo que esta situación reflexa o que non se debe facer nunca en técnicas empresiarais. Nós tiñamos claro que o grupo tiña que ser privado, pero dándolle diñeiro público para que saíse adiante. O proxecto tiña que ser privado e viable, así que non somos sospeitosos de non crer nas intervencións con diñeiro público, pero débese saber que as intervencións públicas no ámbito económico deben ir na busca de proxectos viables.

 Deleite era viable?
Haber, Pascual vendeu a pranta de Outeiro de Rei, para facerse con esa pranta preséntase dúas ofertas. Unha é presentada por Feiraco con outras cooperativas grandes e outra a de sete cooperativas sen ningunha viabilidade e que están case na quebra. O único que tiñan eran cabezas visibles do PP, polo que a consellería presionou a Pascual para que se decidira por esta segunda oferta.

Iso foi polo que non funcionou?
Non funcionou por un motivo, porque para montar unha empresa coa única finalidade é a de envasar leite para competir tes que tirar aínda máis o prezo do leite. Así ou Alimentos Lácteos lle paga unha miseria os gandeiros, non lle paga ou sofre perdas. Así Alimentos Lácteos, vén perdendo 6 ou 7 céntimos por litro e rexistra perdas de cinco a seis millóns. A oferta de Feiraco podería ter certo sentido.

Como xogan o seu papel as grandes industrias, tanto estranxeiras como nacionais?
Na industria láctea houbo unha entrada masiva de capital francés sobre todo coa entrada na UE. Compran industrias galegas e españolas. En España hai dous grupos que se consolidan Central Lechera Asturiana e Pascual.


            " Deleite ten unhas perdas de seis millóns. A oferta de Feiraco podería ter certo sentido"


E se vimos a hoxe, como está a industria leiteira galega?
Hai presenza de tres grupos estranxeiros Lactalis, francés, Lactogal, portugués, e de capital estranxeiro que non teñen un volume moi grande, pero que crean produtos que xeran moito valor engadido, como Nestlé e Danone. As dúas únicas galegas que quedan só case que envasan leite, Río e Feiraco.
Finalmente, hai unha atomización de pequenas e medianas queixerías.

Que papel xogan os gandeiros nesta crise?
Os gandeiros teñen a súa responsabilidade, que non culpabilidade. Por unha parte teñen que reducir os custes de produción e por outra mellorar o sistema de produción, por exemplo, eliminando o catering no cal a cooperativa che serve o penso, isto reduce a carga de traballo pero encarece os custes.


                                " As medidas de carácter máis impopular hai que tomalas no primeiro ano"


Como ve as cooperativas galegas e os sindicatos?
Deberían as cooperativas implicarse máis coa comercialización e mesmo transformación industrial do produto. Ademais os socios terían que aportar máis capital para súa capitalización, senón sempre se quedan débiles. Agora mesmo, só se limitan a dar servizos e actuar de primeiro comprador.
En canto os sindicatos, deberían mellorar en moitas cousas, pero son necesarios. Xa sei que hai unha guerra soterrada entre sindicatos e cooperativas, pero deberían traballar en planos diferentes.

Que políticas do bipartito cambiaría?
Durante a etapa do bipartito houbo cousas que fixemos ben e outras mal. A primeira cousa que cambiaría é que as medidas máis fortes un tenas que tomar no primeiro ano, sobre todo aquelas que poidan ter un compoñente máis impopular. E outra cousa que cambiaría sería que adicamos demasiado tempo a tomar medidas, pero non a explicar porque as tomábamos.

Quen debería ser o representante de Galicia perante a UE, a Xunta ou o goberno de España?
Na comitiva que se reúne en Bruxelas deberían estar os representantes das CC.AA afectadas, acompañado o ministro español, vale, pero sempre unha delegación do territorio afectado.






                                                       Brais Caamaño Blanco e José Fontao Salgueiro