miércoles, 16 de enero de 2013

Conclusiós do traballo

O presente traballo sirveunos para abrirnos os ollos ante un dos maiores problemas da nosa terra: o maior problema do medio rural. Con este informe coñecimos os principais problemas do sector, co prezo do leite, á cabeza. O aumento dos conbustibles, os cereais para a fabricación do penso e a necesidade de maiores extensións de terra para a creación de forraxes.



Logo de falar con expertos do sector, entre eles gandeiros, sindicalistas, profesores de universidade e cooperativistas chegamos a varias conclusións:
-Descobrimos que a crise era a nivel europeo e que comezou en Europa antes que en Galiza.
-Que os prezos non dan cuberto a día de hoxe os custos de produción  (facelo custa 37 cent/l e a venta atópase agora mesmo en 31cent/l logo dunha pequena suba a principios de xaneiro).
-Que a Unión Europea intentou levar a cabo unha solución creando dúas figuras: o mediador entre gandeiro e industria e a dos contratos nas que se firma o prezo do leite ao longo de todo un ano no estado español.
-Que actualmente so é Galiza a que ten que cargar cos prezos máis baixos do estado.
-Que non se firman os contratos ata que suban os prezos para poder cubrir os custos de produción.
-Tamén que as cooperativas deben ter un papel máis activo e non so dedicarse a vender penso e outras cousas, porque xa que reduce a carga de traballo tamén aumenta os custos.
-Con respecto a estas últimas observamos unha atomización delas que no palno galego actuan como competencia entre elas en vez de unirse nunha cooperativa de segunda grao capaz de conseguir mellores prezos e resultados.
-Xa para finalizar démonos de conta de que últimamente están a entrar no mercado galego empresas foraneas, basicamente francesas (Lactalís...) e de que a produción de leite é maiormente así, sen elaborar, sendo o leite líquido o que menos valor engadido xera.

Como conclusión ás ideas para a resolución deste crise, logo do noso estudo cremos que existen tres piares fundamentais que deben ser resoltos:

1. Aumento da terra en mans de gandeiros. Deberíase de prohibir as explotacións forestais en terras validas para a realización de actividades ganderias ou agarias, mellorando o banco de terras para que os donos podan sacar beneficios destas e os gandeiros utilizalas para forraxe, pastos...

2. Creación dunha industria leiteira galega. Fai falla que se unan forzas para a creación dunha industria unida de capital galego, coa que facer fronte no mercado internacional.

3. A derradeira sería a estabilización do prezo do leite, xa que sen iso eliminamos a capacidade de subsistencia dos nosos gandeiros. Con isto tamén buscaríamos un maior apoio ao desenvolvimento dos produtos elaborados do leite: queixo, requeixo, iogures...


Brais Caamaño Blanco e Artur Quelle Losada

martes, 15 de enero de 2013

Prezos que pagan e prezos do leite que perciben os produtores

Neste nova entrada do blog tratarase os prezos que os produtores pagan por certos produtos que precisan para a sua industria, tales como trigo, pensos, fertilizantes,etc, e iso è o que se vai tratar neste momento. Os datos abarcan dende o 2006 ó 2010 e foron extraidos da paxina web da conselleria de Medio Rural e Mar pretencente a Xunta de Galicia, e para que se poida ter unha maior vision do contido asi como dunha exposicion mais clara procederase a expoñer unha serie de taboas cos prezos dos produtos relativos ós anos e meses correspondentes, xa que as taboas estan divididas por meses.Tamen se explicara e se exporan duas imaxes, unha taboa e unha grafica, sobre os prezos do leite percibidos polos produtores, dende o ano 2007 ó 2011 divididos por meses. Os datos deste ultimo apartado foron extraidos da paxina web do IGE, Instituto Galego de Estatistica. a continuacion exporanse as datos dos prezos pagados polos produtores.

                                
Nas taboas anteriores podese ver o prezo que os gandeiros pagan por certos pordutos e a sua evolucion dende o 2006 ó 2010. Nas seguintes imaxes mostrarase o prezo do leite percibidos polos produtores.

 

 
A taboa dos prezos esta dividida como as expostas anteriormente, en 6 estratos e mediante os grupos Prezo Total, Prezo Base e Total Primas. Na grafica anterior podese var a evolucion dos prezos percibidos polos produtores.
 
                                                                                                     Brais Caamaño Blanco


 
                                                                                                  

domingo, 6 de enero de 2013

Prezos do leite en Galicia

Nesta nova publicacion seguiremonos centrando sobre a cuestion dos prezos do leite porque como ben se dixo anteriormente é un dos problemas principais do sector. Na presente publicacion centraremonos en continuar coa exposicion dos prezos no sector lacteo con datas actuais, xa que na anterior publicacion dixose que nos íamos centrar nos prezos dende 1996 ó 2006, e na agora centraremonos dende o ano 2007 ó 2011, e para iso exporanse unha serie de taboas que clasifican os prezos segundo os estratos das explotacions. Como a palabra estratos pode non estar moi ben comprendida e è imprescindible para comprender a clasificacion do sector procederase a unha breve aclaracion do termo.

Estratificación dos produtores de leite
A estratificación da mostra das explotacións gandeiras determínase polo tamaño das mesmas, medido pola cota láctea que posúan. Entre os anos 2007 e 2009 a estratificación empregada foi a seguinte:
  • E1: explotacións de vacún cunha cota menor de 72.000 kg de leite/ano
  • E2: explotacións de vacún cunha cota entre 72.001 e 240.000 kg de leite/ano
  • E3: explotacións de vacún cunha cota entre 240.001 e 500.000 kg de leite/ano
  • E4: explotacións de vacún cunha cota maior de 500.001 kg de leite/ano
Dende o ano 2010 a estratificación empregada pasa a ser a seguinte:
  • E1: explotacións de vacún cunha cota menor de 100.000 kg de leite/ano
  • E2: explotacións de vacún cunha cota entre 100.001 e 200.000 kg de leite/ano
  • E3: explotacións de vacún cunha cota entre 200.001 e 300.000 kg de leite/ano
  • E4: explotacións de vacún cunha cota entre 300.001 e 400.000 kg de leite/ano
  • E5: explotacións de vacún cunha cota entre 400.001 e 700.000 kg de leite/ano
  • E6: explotacións de vacún cunha cota maior de 700.001 kg de leite/ano
A estratificacion ben sendo unha clasificacion do sector segundo o tamaño das explotacions, e dito tamaño establecese segundo o nivel de cota que teñen  adxudicado. Finalmente cabe destacar que, a diferenza dos datos presentados na anterior publicacion, os datos presentados neste momento só estan a nivel Galicia e non a vivel Galicia e provincias, e tódolos datos foron extraidos da paxina web da conselleria de medio rural e mar, pertencente a Xunta de Galicia. A continuacion espoñense as taboas dende o 2007 ó 2011.
 
 
 
 
Como ben se pode observar nas taboas e como se dixo anteriromente na clasificacion, os prezos estan clasificados segundo os meses e os seis estratos, tamen hai clasificacion de catro estratos pero ímonos centrar na actual que son seis, tamen segundo o prezo base e o total das primas que xa foron aclarados na anterior publicacion, pero sem embargo nos anos 2010 e 2011 xa xorde unha clasificacion mais exacta segundo a materia graxa, bactereoloxia, etc, e dicir, materias primas. No ano 2011 só temos datos ate Xuño. Cabe destacar tamen nos anos 2010 e 2011 tamen se nos mostra un prezo ponderado dos estratos, e dicir, unha media dos seis estratos.
 
                                                                                                    Brais Caamaño Blanco
                             
                                                                                                                       


 
 



miércoles, 2 de enero de 2013



Entrevista a Edelmiro López Iglesias:





Edelmiro López Iglesias, nado en Bilbao  é un economista,  autor de varios libros e numerosos artigos en revistas especializadas e publicacións colectivas. Doutorouse en Ciencias Económicas na USC, con Premio Extraordinario de Licenciatura e de Doutoramento. Desde 1984 vén desenvolvendo a súa actividade profesional como profesor no Departamento de Economía Aplicada da propia USC. Ademais de 1999 a 2005 ocupou o posto de Director do  Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento Local (IDEGA).
De agosto de 2005 a abril de 2009 ocupou o cargo de Director Xeral de Desenvolvemento Rural.



Contenos, como comezaron os problemas no sector lácteo?
Os problemas no sector lácteo xa existían dende a entrada na Unión Europea, pero os problemas foron cambiando.
No ano 84 a UE decide por uns topes a produción de leite debido aos excedentes que había. España entra no 86 e acepta esa aplicación. Ahí xorde o problema, pois en Galicia a especialización láctea xurdiu de maneira tardía, a produción era deficitaria e o volume de produción era inferior á demanda interna.

E cales eran os problemas na súa etapa na Xunta?
A cota xa non o era, no 2015 a UE vainas eliminar. De feito dende fai seis anos España produce menos leite da cota que ten. Actualmente o prezo do leite está moi baixo e na etapa no bipartito os problemas que collemos foron os últimos coletazos da cota e o baixo prezo do leite. Aínda así o ano 2007 e 2008 foron bos, cun prezo de 40 céntimos. Despois seguiría a haber altibaixos.

Que solucións barallaban?
Eu diría que no sector lácteo teríamos catro problemas. O primeiro sería pórlle a Galicia máis cota da que ten pois a que tiña era insuficiente, ademais a outras CC.AA sobraballe cota. En segundo lugar era estabilizar a relación entre prdutores e industria, ben a contrato, ben a través a negociación colectiva a través da mesa do leite.
En definitiva, era a consolidación das interprofesionais, unha instancia onde se senten produtores, industria e cadea de distribución e que pacten as condicións na que deben funcionar.


                                                        " A idea de facer un grupo lácteo fracasou"


Vostede xa nos dixo dúas das súas prioridades, falta as outras dúas, cales son?
Facer unha industria galega potente. Nós producimos entre o 20% e o 25% do leite que logo outras industrias transforman fóra de Galicia. A industria que hai aquí non transforma todo o leite que producimos e ademais só o envasa, polo que non se produce valor engadido.
A última prioridade era a de crear un banco de terras. No plano tecnolóxico Galicia non ten nada que envexar a outros lugares, pero a base territorial é moi pequena. Esto supón que lle tes que dar máis penso polo que os custes de produción se disparán.

Destas medidas cales conseguiron e cales non?
Debo confesar que a de facer un grupo lácteo fracasou. A idea era que as caixas galegas comprasen unha serie de prantas que xa existían e crear un grupo potente. Ese grupo sería o maior de Galicia e incluso de España e Portugal. Non envasaría só leite, senón que daría valor engadido e podería negociar de ti a ti. A actual crise levounos o plan, aínda que xa estaba avanzado.
A creación do banco de terras era pór a funcionar as terras que estaban abandonadas co fin de que os gandeiros abaratasen custes. Esta medida leva tempo consolidadala e co cambio de goberno foi decaendo.
  
Co cambio de goberno, o PP non seguiu os seus pasos, pero leva a cabo medidas en beneficio do sector, facendo a marca Deleite ¿Que lle parece esta medida?
Si, Deleite traballa cunha empresa que se chama Alimentos Lácteos, eu creo que esta situación reflexa o que non se debe facer nunca en técnicas empresiarais. Nós tiñamos claro que o grupo tiña que ser privado, pero dándolle diñeiro público para que saíse adiante. O proxecto tiña que ser privado e viable, así que non somos sospeitosos de non crer nas intervencións con diñeiro público, pero débese saber que as intervencións públicas no ámbito económico deben ir na busca de proxectos viables.

 Deleite era viable?
Haber, Pascual vendeu a pranta de Outeiro de Rei, para facerse con esa pranta preséntase dúas ofertas. Unha é presentada por Feiraco con outras cooperativas grandes e outra a de sete cooperativas sen ningunha viabilidade e que están case na quebra. O único que tiñan eran cabezas visibles do PP, polo que a consellería presionou a Pascual para que se decidira por esta segunda oferta.

Iso foi polo que non funcionou?
Non funcionou por un motivo, porque para montar unha empresa coa única finalidade é a de envasar leite para competir tes que tirar aínda máis o prezo do leite. Así ou Alimentos Lácteos lle paga unha miseria os gandeiros, non lle paga ou sofre perdas. Así Alimentos Lácteos, vén perdendo 6 ou 7 céntimos por litro e rexistra perdas de cinco a seis millóns. A oferta de Feiraco podería ter certo sentido.

Como xogan o seu papel as grandes industrias, tanto estranxeiras como nacionais?
Na industria láctea houbo unha entrada masiva de capital francés sobre todo coa entrada na UE. Compran industrias galegas e españolas. En España hai dous grupos que se consolidan Central Lechera Asturiana e Pascual.


            " Deleite ten unhas perdas de seis millóns. A oferta de Feiraco podería ter certo sentido"


E se vimos a hoxe, como está a industria leiteira galega?
Hai presenza de tres grupos estranxeiros Lactalis, francés, Lactogal, portugués, e de capital estranxeiro que non teñen un volume moi grande, pero que crean produtos que xeran moito valor engadido, como Nestlé e Danone. As dúas únicas galegas que quedan só case que envasan leite, Río e Feiraco.
Finalmente, hai unha atomización de pequenas e medianas queixerías.

Que papel xogan os gandeiros nesta crise?
Os gandeiros teñen a súa responsabilidade, que non culpabilidade. Por unha parte teñen que reducir os custes de produción e por outra mellorar o sistema de produción, por exemplo, eliminando o catering no cal a cooperativa che serve o penso, isto reduce a carga de traballo pero encarece os custes.


                                " As medidas de carácter máis impopular hai que tomalas no primeiro ano"


Como ve as cooperativas galegas e os sindicatos?
Deberían as cooperativas implicarse máis coa comercialización e mesmo transformación industrial do produto. Ademais os socios terían que aportar máis capital para súa capitalización, senón sempre se quedan débiles. Agora mesmo, só se limitan a dar servizos e actuar de primeiro comprador.
En canto os sindicatos, deberían mellorar en moitas cousas, pero son necesarios. Xa sei que hai unha guerra soterrada entre sindicatos e cooperativas, pero deberían traballar en planos diferentes.

Que políticas do bipartito cambiaría?
Durante a etapa do bipartito houbo cousas que fixemos ben e outras mal. A primeira cousa que cambiaría é que as medidas máis fortes un tenas que tomar no primeiro ano, sobre todo aquelas que poidan ter un compoñente máis impopular. E outra cousa que cambiaría sería que adicamos demasiado tempo a tomar medidas, pero non a explicar porque as tomábamos.

Quen debería ser o representante de Galicia perante a UE, a Xunta ou o goberno de España?
Na comitiva que se reúne en Bruxelas deberían estar os representantes das CC.AA afectadas, acompañado o ministro español, vale, pero sempre unha delegación do territorio afectado.






                                                       Brais Caamaño Blanco e José Fontao Salgueiro

lunes, 31 de diciembre de 2012

Prezos do leite

Neste apartado do blog tentarase mostrar a evolucion dos prezos do leite tanto en galicia como nas diferentes provincias galegas. Os datos recabados estan expostos polos doce meses de diferentes anos que abarcan dende 1996 ate o 2006, iste ultimo mes so correspondente a Galicia, e o ano 1996 so dispon dos meses de Setembro ate decembro. Comezarase a expoñer as taboas das provincias e logo a de Galicia; as taboas estan divididas por diferentes ramas, as cales son en primeiro lugar o leite quente, logo o F1, F2, F3, F4, F5, Total F1-F5 e Prezo total, cada unha delas subdividida en Prezo Total, Prezo Base e Total das Primas. Unha vez expostas todalas taboas procederase a unha breve explicacion do significado das siglas antes expostas.






Como se pode observar a maioria das celdas das taboas estan baleiras debido a que os datos non estan dispoñibles. No tocante as siglas empregadas son formulas que emprega a administracion para diferenciar a calidade do leite recollido, e esta clasificado da seguinte maneira:
  1. F1: explotacións de vacún cunha cota menor de 2.000 litros de leite/mes
  2. F2: explotacións de vacún cunha cota entre 2.000 e 3.499 litros de leite/mes
  3. F3: explotacións de vacún cunha cota entre 3.500 e 5.999 litros de leite/mes
  4. F4: explotacións de vacún cunha cota entre 6.000 e 9.999 litros de leite/mes
  5. F5: explotacións de vacún cunha cota maior de 10.000 litros de leite/mes
Esta estratificacion diferenciaba aquelas explotacions que vendian o leite se refrixerar ( leite quente) e aquelas que os vendian refrixerado, a cal pertence a anterior clasificacion.

Seguindamente exporase unha definicion de prezo base e outra de Total das primas de modo que se poidan comprender ben as taboas.

Prezo base
Refírese ao prezo mensual percibido, sen incluír as primas que poida percibir o produtor pola calidade do leite vendido (contido en nutrientes tales como a graxa, as proteínas, os hidratos de carbono, vitaminas e minerais) nin as minoracións no prezo  final derivadas do contido en células somáticas, xermes ou existencia de antibióticos e demais inhibidores no leite.
Total primas
Refírese ás cantidades percibidas, a maiores do prezo base, ou ben, ás cantidades negativas que deberán restarse ao prezo base percibido polos produtores en función da materia graxa, proteínica, bacterioloxía, células somáticas e outros aspectos que afectan á calidade do leite vendido.
Finalmente exporase unha taboa sobre os prezos do leite en galicia no ano 2006. Nesta  taboa so se mostraran os estratos F1, F2, F3, Total F1-F3, coa sua subclasificacio de Prezo Total, Prezo Base e Total Primas.
 
Neste caso a taboa dispon de todolos datos precisos. Os datos recabados para a elaboracion das diferentes taboas foron extraidos da paxina web do IGE, Instituto Galego de Estatistica.


                                                                                                         Brais Caamaño Blanco

domingo, 30 de diciembre de 2012

Cantidade de leite producida en Galicia e provincias entre o anos 1994 e 2011

Debido a actual crise do sector, como xa se ben remarcando e expoñendo neste blog a traves de informes de prensa, entrevistas a persoas relacionadas ou afectadas polo problema, tales como mos gandeiros, dirixentes de cooperativas, lideres sindicais, etc, temos como seguinte obxectivo mostrar a cantidade de leite que produce a nosa comunidade, dividida por provincias, dende o ano 1994 ò ano 2011. Para poder expoñe-los datos da forma mais sinxela posible e que poida ser comprendida adxuntaremos un grafico que nos mostrarà a tendencia da producion de leite ò longo dos anos sinalados, aparte da explicacion que se ofrecerà de ditos datos. Hai que engadir que se mostraràn duas graficas, unha de provincias e outra a nivel galego.


Tal e como se pode observar, os datos son os relativos a cantidade de leite producida nas provincias da Comunidade Autonoma de Galicia. O que mais resalta nesta grafica, como se pode observar, e que as provincias de A Coruña e Lugo son as que mais leite producen, mentres que a provincia de Ourense, aunque xa non producise moito leite, nos ultimos anos sufriu unha baixada considerable, e a provincia de Pontevedra estase mantendo, e incluso aumentando lixeiramente a sua cantidade de producion. Tamen se pode observar que houbo unha baixada na producion de leite na provincia de Lugo no ano 2000 e un repunte no mesmo ano pero volve baixar no ano 2004 e volve a repuntar lixeiramente, mentres que na provincia de A Coruña observamos unha baixada entre os anos 2001 e 2003, cunha estabilizaciòn no mesmo ano. Seguidamente exporase a grafica coa cantidade de leite producida no conxunto de Galicia.


Esta grafica è so unha mostra da evolucion da cantidade de leite que se produce en Galicia na sua totalidade, e como se pode observar, a cantidade de leite aumentou lixeiramente nos ultimos anos debido ò aumento da cantidade de leite producido na provincias de A Coruña, Lugo e Pontevedra.
Os datos que se presentan mediante graficas foron extraidos da paxina oficial do IGE, Instituto Galego de Estatistica, e os datos relativos ò perìodo de 1998 ò 2007 foron actualizados por cambios na fonte o 18/10/2010, e as medidas na cantidade de leite son en miles de litros, tanto en Galicia como en provincias.


                                                                                                     Brais Caamaño Blanco



Onte tiven a oportunidade de entrevistar a un gandeiro de Silleda, José Villanueva. El coñece de primeira man o problema do sector o que se leva adicando bastantes anos. El respondeunos amablemente a estas preguntas.

     Cantos litros de leite produce?
                      Produzo 5.500 litros ao mes e 70.000 ao ano.
       Número de vacas?
                      En descenso dende fai uns anos, actualmente teño 12.
     Fixo grandes reformas na súa explotación nos últimos tempos?
                         Non.
    Como lle afecta a actual crise do sector?
                      Sen tratar de esaxerar, podería decir que case teño máis gastos ca beneficios.
      Para quen produce? A que empresa lle vende o leite?
                        Produzo para a cooperativa Indega e eles son os que o venden despois. Agora creo que xa non llo venden a Alimentos Lácteos.
    Solucións ou medidas que lle beneficiarían ao sector leiteiro?
                    Home para min sería importante baixar os custes de produción e subir os prezos do leite. Vendo o leite a 25 cénts/litro e o penso custa 40 céntimos. A esto hai que engadirlle o prezo de gasóleo, fertilizantes…
     Beneficiaríalle saír desta actividade e adicarse por exemplo as vacas de carne ou vender vostede o propio leite?
                          Non, cas vacas de carne tería os mesmos gastos e aínda menos ganancias, é dicir, daría máis perda. En canto o de vendelo eu sería moi custoso, afrontaría grandes inversións e non é nada fácil, hai que estar moi preparado.
      Asinou algún contrato con algunha empresa?
         De momento non. Se a cooperativa me manda firmaríao, aínda que dera perdas. Teríao que firmar por obligación (pon cara de resignación).

      Está afiliado a algún sindicato?
          Non, nin quero. Porque na teoría axudanche, pero na práctica non. Habería que mantelos  a eles e para eso non me afilio, ademais eles deféndese así mesmos e cando lle convén a nós. Entendo que existan, pero non quero saber nada de ningún.
   Que grao de responsabilidade, segundo vostede, lle dá ao Goberno?
          Moita. A Xunta non ve que noutros lugares se paga máis o leite, entón porque permiten que aquí se tiren os prezos? Alimentos Lácteos recibiu moita axuda por parte da Xunta, para que se beneficiaran uns poucos.   
      De seguir así que pronóstico lle fai a esta actividade?
           Cerrar.

                              
                                                                               José Fontao Salgueiro