sábado, 22 de diciembre de 2012

Coloquio con Óscar Pose Andrade: Unha visión sindicalista

A persoa á que acudimos esta vez é Óscar Pose Andrade, secretario de Servizos e Infraestructuras en Unións Agrarias, e como non, gandeiro. Fúmonos reunir con él á sede que ten Unións Agrarias en Santiago de Compostela, na rúa Doutor Maceira, onde fumos moi ben tratados e atendidos.

Tractorada do 2009 en Santiago (Foto UUAA)

-Como comezou esta crise?

R- A crise comezou en 2009 (gran tractorada), e foi nos seus inicios unha crise moi forte sobre todo para os países do norte (Francia e Alemaña). Para intentar solucionala creouse un grupo de expertos a nivel europeo para que deran  solucións aos estados membros. E diso sacáronse  dous puntos principais: a creación da figura dos contratos (obrigatorio en España) e as organizacións de productores.

-Como se calculaba o prezo do leite?

R- Pois facíase de arriba a abaixo as empresas decidian o prezo final do leite e a partir de aí botaban contas. E por iso as marcas blancas aforran ata un 60%. As industrias que son un número limitado presionan ao gandeiro que son moitos e algúns están desinformados e así é como consiguen firmar eses prezos irrisorios. Claro, si che din gañar por litro 26 centimos a non gañar nada... En ton para acabar con todo istop creouse a INLAC, unha organización estatal onde se atopan cooperativas, gandeiros e productores. Eles a parte de mediar e informar ao cliente elaboraron tres modelos de cálculo do prezo do leite, de modo orientativo [ver entrada do cálculo do prezo do leite].

-E como funcionan eses contratos?

R- Os contratos pretenden que o gandeiro teña máis forza. En España puxéronse como obrigatorios. Aquí a duración do contrato é de 1 ano, en Francia de 5 anos. Neles ten que aparecer o prezo do leite suxeito a uns indicadores (normalmente calquera dos tres da INLAC). Son bos por que permiten aos productores poñer eles o prezo. Xa se firmaran en 2009 por administración, industria e productores so que ao non haber ningún órgano regulador declaráronse ilegais. Por suposto denunciouno a industria. 

-E por que non se firmaron aínda os novos contratos?

R- En primeiro lugar porque entre os contratos e as organizacións de productores falta un mediador. En Francia creouse a figura pola falta de acordos. Aquí na nova Ley da cadea alimentaria establecese que se debe crear esa figura. E en segundo lugar e de modo máis importante polo prezo. Actualmente o repzo do leite non da nin para cubrir custos, é máis, está bastante lonxe diso. Actualmente o prezo está de media nos 29 centimos e o que se busca é que chegue aos 33-34 céntimos, que se achegue aos custos de produción o máximo posible que está en 37 céntimos. Evidentemente si se firman os contratos agora vaise arrastrar o prezo toda a tempada, de aí a folga do mes pasado, que busca subir o prezo para inmediatamente despois firmar o contrato. A data límite para firmar os contratos era o pasado 4 de outubro pero os productores non pensamos firmar ata que remonte un pouco o prezo do leite. Esperábase firmar antes de finais de ano.

- Creouse algúnha organización de productores?

R- Os tres sindicatos (Unións Agrarias, Asaja e Sindicato Labrego Galego) quedamos en montar un cada un coa nosa xente e logo fusionalos. O número mínimo de membros é de 3000. Solamente Unións Agrarias consigueu chegar a eses 3000 poductores sobrepasando moi pouco esa cifra. Esa figura chámase ULEGA (Unión de Leiteiros de Galicia) e creouse en novembro do ano pasado. Este é o ente que firma os contratos. Ao principio falábase de que nos  contratos o prezo sería o de Francia máis 3 céntimos (31+3). Como xa comentamos o contrato rebentouno a industria. Para formar parte de ULEGA hai que firmar un contrato de permanencia de tres anos. É triste pensar que so 3000 productores de 11000 están neste ente tan benficioso para nós (os productores). Pero ese é o traballo dos sindicados , informar por que a maior parte desta xente non está por descoñecemento.

Asemblea constituínte de ULEGA (Foto de M.M. La Voz de Galicia)

-Que influencia ten LACTALIS e Francia en xeral no mercado español? Cree que pode haber detrais un intento de destrucción do mercado español?

R- Lactalis, como xa sabedes é o maior xigante leiteiro francés, é si, é verdade que en Francia teñen un problema de excedentes con 6 millóns de litros/día, mentras que en España o mercado necesita 9 millóns de litro de leite e tan so produce 6. Pero cabe destacar que a maior empresa española de produción de leite é Lactalis, é decir que eles fixeron grandes inversións no mercado, demasiado grandes como para deixalas caer. A última delas a compra de leite President. Persoalmente non creo que exista ese interese por parte de Francia.

-Finalmente, como ve o futuro do sector leiteiro?

R- Pois creo que si non se chega a un acordo rapidamente a meirande parte das explotacións pechará. E outra cousa que se debera facer unha vez saiamos desta crise e cambiar a produción de leite líquido ( con pouco valor engadido) e invertir en elaborados como queixo e iogures que se move en marxes máis grandes. O que si tamén se debera de mirar é a creación de forraxe. En Galicia co minifundio é case imposible ter unha produción decente xa que non sae rentable, e isto impulsa que en zonas gandeiras se impulse o terreo forestal algo que está prohibido pola lei de montes pero no que ninguén fai nada. Ademais o banco de terras funciona moi mal e creo que sería unha institución de moita axuda se chegase a funcionar ben.
------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Quero dar as grazas por esta entrevista ao entrevistado, Don Óscar Pose Andrade e a José Ramón Sampedro G. por facilitarme o contacto.

Artur Quelle Losada

1 comentario:

  1. Interesante entrevista! como adoita acontecer todos estes problemas veñen derivados dunha política inadecuado e da pouca unión entre os pertencentes o sector leiteiro. Como xa se di aquí, penso que moitas explotacións pecharán porque, a excepción daquelas que se dediquen a produción de derivados, nestes momentos, e se continúa así, non lles vale a pena producir leite, porque o benefico e inexistente.
    De tal forma que o rural galego tende a seguir perdendo poboación, incluso nas áreas antes consideradas moi dinámicas por estas actividades agrarias.

    ResponderEliminar