martes, 16 de octubre de 2012

O noso traballo e o motivo de escolla.

O noso traballo titúlase "A problematica leiteira en Galicia: o caso de Silleda (Deza)".
Antes de que o rural buscara ser un lugar no que se ofertaran diversas actividades; é dicir, antes da súa diversificación, a principal actividade económica que o campo ofrecía era a obtención de rendimentos pola venda de leite ás industrias. Esta actividade tivo en Galicia un peso maiúsculo durante boa parte dos séculos anteriores.

Agora que se busca un rural  que sexa máis que agricultura e produción-conservación do medio ambiente, lugar atractivo para vivir, conservación da paisaxe- o grupo non quere esquecer ese pasado leiteiro. Por iso nos centramos neste tema para indagar os problemas reais e así non ter unha idea borrosa, do que é un tema que aparece nos medio de comunicación a todas horas. Partindo de prexuízos e opinións pouco claras- entrada na UE, industria enganosa- queremos acabar o traballo sabendo cales son esas trabas e incluso se é posíbel aportar solucións.

Sabemos que vamos  necesitar moito traballo a pé de campo: ir a granxas, entrevistas cos gandeiros e sindicalistas… ver a diferenza entre a Galiza de onte e de hoxe, ver que fan os políticos no asunto, o papel das industrias ou como influiu a entrada na UE.  En definitiva moito traballo para atopar o quid da cuestión.

 

4 comentarios:

  1. Moi ben. Pero debedes fundamentar esto que dicides en datos estatísticos. Mirade na Rede e en especial no Instituto Galego de Estadística sobre datos de producción.
    Mirade tamén en hemrotecas de xornais locais as novas sobre o conflicto do leite.

    ResponderEliminar
  2. Paréceme un tema interesante e que está sendo de gran debate na actualidade, espero coñecer máis sobre el neste espazo.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  3. Eu non estou ao tanto deste problema de tantos anos no eido do rural, espero que este blog me axude a coñecer máis de cerca deste tema.

    Julia Pozo

    ResponderEliminar