miércoles, 2 de enero de 2013



Entrevista a Edelmiro López Iglesias:





Edelmiro López Iglesias, nado en Bilbao  é un economista,  autor de varios libros e numerosos artigos en revistas especializadas e publicacións colectivas. Doutorouse en Ciencias Económicas na USC, con Premio Extraordinario de Licenciatura e de Doutoramento. Desde 1984 vén desenvolvendo a súa actividade profesional como profesor no Departamento de Economía Aplicada da propia USC. Ademais de 1999 a 2005 ocupou o posto de Director do  Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento Local (IDEGA).
De agosto de 2005 a abril de 2009 ocupou o cargo de Director Xeral de Desenvolvemento Rural.



Contenos, como comezaron os problemas no sector lácteo?
Os problemas no sector lácteo xa existían dende a entrada na Unión Europea, pero os problemas foron cambiando.
No ano 84 a UE decide por uns topes a produción de leite debido aos excedentes que había. España entra no 86 e acepta esa aplicación. Ahí xorde o problema, pois en Galicia a especialización láctea xurdiu de maneira tardía, a produción era deficitaria e o volume de produción era inferior á demanda interna.

E cales eran os problemas na súa etapa na Xunta?
A cota xa non o era, no 2015 a UE vainas eliminar. De feito dende fai seis anos España produce menos leite da cota que ten. Actualmente o prezo do leite está moi baixo e na etapa no bipartito os problemas que collemos foron os últimos coletazos da cota e o baixo prezo do leite. Aínda así o ano 2007 e 2008 foron bos, cun prezo de 40 céntimos. Despois seguiría a haber altibaixos.

Que solucións barallaban?
Eu diría que no sector lácteo teríamos catro problemas. O primeiro sería pórlle a Galicia máis cota da que ten pois a que tiña era insuficiente, ademais a outras CC.AA sobraballe cota. En segundo lugar era estabilizar a relación entre prdutores e industria, ben a contrato, ben a través a negociación colectiva a través da mesa do leite.
En definitiva, era a consolidación das interprofesionais, unha instancia onde se senten produtores, industria e cadea de distribución e que pacten as condicións na que deben funcionar.


                                                        " A idea de facer un grupo lácteo fracasou"


Vostede xa nos dixo dúas das súas prioridades, falta as outras dúas, cales son?
Facer unha industria galega potente. Nós producimos entre o 20% e o 25% do leite que logo outras industrias transforman fóra de Galicia. A industria que hai aquí non transforma todo o leite que producimos e ademais só o envasa, polo que non se produce valor engadido.
A última prioridade era a de crear un banco de terras. No plano tecnolóxico Galicia non ten nada que envexar a outros lugares, pero a base territorial é moi pequena. Esto supón que lle tes que dar máis penso polo que os custes de produción se disparán.

Destas medidas cales conseguiron e cales non?
Debo confesar que a de facer un grupo lácteo fracasou. A idea era que as caixas galegas comprasen unha serie de prantas que xa existían e crear un grupo potente. Ese grupo sería o maior de Galicia e incluso de España e Portugal. Non envasaría só leite, senón que daría valor engadido e podería negociar de ti a ti. A actual crise levounos o plan, aínda que xa estaba avanzado.
A creación do banco de terras era pór a funcionar as terras que estaban abandonadas co fin de que os gandeiros abaratasen custes. Esta medida leva tempo consolidadala e co cambio de goberno foi decaendo.
  
Co cambio de goberno, o PP non seguiu os seus pasos, pero leva a cabo medidas en beneficio do sector, facendo a marca Deleite ¿Que lle parece esta medida?
Si, Deleite traballa cunha empresa que se chama Alimentos Lácteos, eu creo que esta situación reflexa o que non se debe facer nunca en técnicas empresiarais. Nós tiñamos claro que o grupo tiña que ser privado, pero dándolle diñeiro público para que saíse adiante. O proxecto tiña que ser privado e viable, así que non somos sospeitosos de non crer nas intervencións con diñeiro público, pero débese saber que as intervencións públicas no ámbito económico deben ir na busca de proxectos viables.

 Deleite era viable?
Haber, Pascual vendeu a pranta de Outeiro de Rei, para facerse con esa pranta preséntase dúas ofertas. Unha é presentada por Feiraco con outras cooperativas grandes e outra a de sete cooperativas sen ningunha viabilidade e que están case na quebra. O único que tiñan eran cabezas visibles do PP, polo que a consellería presionou a Pascual para que se decidira por esta segunda oferta.

Iso foi polo que non funcionou?
Non funcionou por un motivo, porque para montar unha empresa coa única finalidade é a de envasar leite para competir tes que tirar aínda máis o prezo do leite. Así ou Alimentos Lácteos lle paga unha miseria os gandeiros, non lle paga ou sofre perdas. Así Alimentos Lácteos, vén perdendo 6 ou 7 céntimos por litro e rexistra perdas de cinco a seis millóns. A oferta de Feiraco podería ter certo sentido.

Como xogan o seu papel as grandes industrias, tanto estranxeiras como nacionais?
Na industria láctea houbo unha entrada masiva de capital francés sobre todo coa entrada na UE. Compran industrias galegas e españolas. En España hai dous grupos que se consolidan Central Lechera Asturiana e Pascual.


            " Deleite ten unhas perdas de seis millóns. A oferta de Feiraco podería ter certo sentido"


E se vimos a hoxe, como está a industria leiteira galega?
Hai presenza de tres grupos estranxeiros Lactalis, francés, Lactogal, portugués, e de capital estranxeiro que non teñen un volume moi grande, pero que crean produtos que xeran moito valor engadido, como Nestlé e Danone. As dúas únicas galegas que quedan só case que envasan leite, Río e Feiraco.
Finalmente, hai unha atomización de pequenas e medianas queixerías.

Que papel xogan os gandeiros nesta crise?
Os gandeiros teñen a súa responsabilidade, que non culpabilidade. Por unha parte teñen que reducir os custes de produción e por outra mellorar o sistema de produción, por exemplo, eliminando o catering no cal a cooperativa che serve o penso, isto reduce a carga de traballo pero encarece os custes.


                                " As medidas de carácter máis impopular hai que tomalas no primeiro ano"


Como ve as cooperativas galegas e os sindicatos?
Deberían as cooperativas implicarse máis coa comercialización e mesmo transformación industrial do produto. Ademais os socios terían que aportar máis capital para súa capitalización, senón sempre se quedan débiles. Agora mesmo, só se limitan a dar servizos e actuar de primeiro comprador.
En canto os sindicatos, deberían mellorar en moitas cousas, pero son necesarios. Xa sei que hai unha guerra soterrada entre sindicatos e cooperativas, pero deberían traballar en planos diferentes.

Que políticas do bipartito cambiaría?
Durante a etapa do bipartito houbo cousas que fixemos ben e outras mal. A primeira cousa que cambiaría é que as medidas máis fortes un tenas que tomar no primeiro ano, sobre todo aquelas que poidan ter un compoñente máis impopular. E outra cousa que cambiaría sería que adicamos demasiado tempo a tomar medidas, pero non a explicar porque as tomábamos.

Quen debería ser o representante de Galicia perante a UE, a Xunta ou o goberno de España?
Na comitiva que se reúne en Bruxelas deberían estar os representantes das CC.AA afectadas, acompañado o ministro español, vale, pero sempre unha delegación do territorio afectado.






                                                       Brais Caamaño Blanco e José Fontao Salgueiro

No hay comentarios:

Publicar un comentario