jueves, 13 de diciembre de 2012

A crise con nome e apelidos: O caso de Alimentos Lácteos.

Como todos sabemos, o prezo do leite está por debaixo do seu custo de produción. Raro é que algún partido maioritario se mova por asuntos coma estes, pero sempre quedan os partidos da terra para defender o que é noso. Neste comunicado levado a cabo por Matias Rodriguez da Torre, tenente alcalde de Silleda analizanse dun xeito moi xeral o aumento de prezos do leite, ao que el apunta principalmente a subida so pensos dun 34%, fertilizantes dun 60% e enerxía dun 50%. Tamén analiza que so en Galicia se está a producir esta crise, sen topar a outras comunidades como Asturias ou Valencia.





Alimentos lácteos é unha empresa que comezou o 23 de xaneiro de 2010 na antiga planta que a empresa Pascual pechou en Outeiro de Rei. Naquel momento uníronse a este proxecto once cooperativas entre as cales se atopa a nosa INDEGA. Nesta empresa traballan 80 persoas repartidas en 9 departamentos. Logo disto a empresa firmou uns contratos con compradores para o abastecemento de leite, dos cales aínda non conseguiu chegar ao número acordado de litros de leite, o cal prodúcelle perdas. A continuación faremos un breve repaso temporal do que lle ocurriu á empresa nos últimos 6 meses.

1 de agosto de 2012. As cooperativas socias de Alimentos Lácteos fan unha achega de capital de 1'6 millóns de euros. Esta achega que é a segunda logo dunha primeiro de 2'3 millóns de euros a finais de 2011 e realizouse proporcionalmente entre as cooperativas segundo volume de entrega pagando 400.000 euros a que máis e 10.000 euros a que menos. Esta ampliación de capital serviu para ampliar e mellorar os servizos da fábrica e intentar un abaratamento de custes. Cabe destar que o 50'9% de Alimentos Lácteos pertence a dúas cooperativas, Gancobre de Bretoña e Arzuana de Arzúa.

17 de novembre de 2012. Logo de levar dende xullo sen cobrar a cooperativa Terra Chá de Castro de Rei deixa de fornecer de leite a Alimentos Lácteos, sendo a última dunha larga lista. So quedan catro cooperativas entre elas a Arzuana e INDEGA. Nese momento a produción atopábase ne torno a 75.000-100.000 litros diários o que a facía insostible. 


21 de novembro de 2012. O xerente da empresa, Miguel Martín afirma que logo do chamamento que a empresa realizou para o aumento da cantidade de recollida de leite, a cantidade aumentará un 25% antes de finalizar dita semana. Di tamén que é importantísimo a chegada de máis leite para complir o límite firmado para "poder manter os clientes e non perder os contratos". Nese momento movíanse sobre 700.000 litros de leite/día, moi por debaixo do necesario para satisfacer o seu mercado.

10 de decembro de 2012. A empresa busca un paquete de medidas que lles permita volver ser rentables, intentando crear un novo exercicio onde cadrar as contas. O novo proxecto aséntase sobre tres pilares: o primeira abrir a empresa a novas cooperativas e valorizar as marcas "Deleite Galego" e "Muuu" a nivel nacional e estatal. O segundo é mellorar a eficacia da pranta de Outeiro do Rei recortando nalgúns departamentos e sobre todo no comercial. E finalmente conseguir a financiación necesaria para poder levar a cabo o proxecto.

Para máis información:





Artur Quelle Losada


No hay comentarios:

Publicar un comentario