miércoles, 12 de diciembre de 2012

A "supertaxa" de 1996

A pasada semana fixémonos eco dunha noticia impactante para o mundo do leite: A empresa Puleva Food S.L. Unipersonal tramitou o cobro a gandeiros de Silleda, Lalín e A Estrada da "supertaxa" de 1996-1997. Esta "supertaxa" vai dende os 100 ata os 3000 euros dependendo do volume de quilos de leite que cada gandeiro tivera superado con respecto á cota asignada fai 16 anos.


Foto de Bernabé/Guitier (Faro de Vigo.es)

Puleva, comprada polo xigante francés Lactalís fai dous anos, pagou en 1996 o importe da liquidación por concepto de Taxa Suplementaria que tiñan que pagar os gandeiros ao Fondo Español de Garantía Agraria. A Taxa Suplementaria é unha taxa instaurada en 1984 pola Unión Europea para reducir o desequilibrio entre a oferta e a demanda de leite e de productos lácteos e por extensións dos excedentes lácteos. Os estados abonan ao Fondo Europeo de Agrícola de Compensación Agraria se rebasan a cantidade de referencia nacional. Á súa vez o estado tramítalle a multa aos propios productores. Esta taxa é máis coñecida como "cota láctea". Ante isto, moitos gandeiros reclamaron entre os anos 2000 e 2001 ao Ministerio de Agricultura sen resposta ata o momento.

Polo de agora o Sindicato Labrego Galego leva conta de 10 casos na Estrada; aínda que en   Silleda e Lalín están sin determinar. Como so os emitiu Puleva, non se sabe se son pola posta ao día levada a cabo logo da compra da empresa por Lactalís ou polos cambios producidos nesta zona onde gran canidade de gandeiros racharon contratos con Puleva para vender a outras marcas, o que sería unha vinganza. Como non se sabe máis non se descarta que outras empresas tamén obriguen a abonar a taxa aos seus gandeiros e tampouco se sabe se esta orde veu mandada dende o Ministerio ou dende a propia empresa. En tal caso estamos a intentar contactar con algún dos afectados para que nos conten a súa visión e expliquen de primeira mao o acontecido.

Para máis información:

-Noticia en Faro de Vigo: http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2012/12/10/industria-reclama-3000-euros-ganaderos-supertasa-16-anos/724416.html
-Taxa suplementaria: http://europa.eu/legislation_summaries/agriculture/agricultural_products_markets/l11091_es.htm

Artur Quelle Losada


No hay comentarios:

Publicar un comentario