sábado, 8 de diciembre de 2012

Entrevista a Paulino González Fenández, presidente da cooperativa INDEGA


Para o tema que estamos tratando tivemos a sorte de entrevistar ao presidente da única cooperativa que hai en Silleda, Indega Coop. Con Paulino González Fernández, presidente dende agosto do 2009, tivemos a oportunidade de falar e darnos os seus pareceres.





       Paulino González Fernández


1.  Como xurdiu a cooperativa Indega?
Foi unha fusión de dúas cooperativas, Os Chaos e Sila. As dúas por sí soas eran inviables, ademais de canto máis grandes mellor se compite e abarátanse custes.

2. Como funciona a cooperativa por socios? Como está entramada por dentro?
Para entrar hai que pór 400E de capital social. As decisións importantes tómanse en asambleas. Eu presenteime en agosto do 2009 debido a que ninguén se quería presentar e rompía a cooperativa.

3. A cantos gandeiros lles beneficia a cooperativa? E que servicios ofertades?
Agora mesmo a 395. Eles entregan o leite e nós servimoslle penso, substitución, asesoramento e servicios veterinarios; isto é, clínica, reproducción, calidade de leite e alimentación. Temos un servicio ecolóxico denominado GES.
Tamén damos traballo directo a 16 persoas. Sen contar os leiteiros e repartidores de penso que son autónomos.

4. Son todos do municipio de Silleda?
O 90% dos gandeiros, sí.

5. Acordase, foron gañando ou perdendo gandeiros?
Cando entrei eu había cero litros de leite, chegamos a 2 millóns de litros mensuais e agora estamos en algo máis dun millón. Socios seguimos sendo os mesmos, iso sí algúns deixaron de entregar leite.

6. A quen lle vendedes o leite que producides? A canto o pagan? Cubre os custes de producción?
A Alimentos Lácteos e a Renny Picot (Asturias). O mes de novembro pagárono a 34 cents/litro. Con este prezo non se cubren os custes, para cubrilos terían que pagalo a 36, 38 ou 39 para que fose rentable.

7. A que se debe que Alimentos Lácteos vaia mal actualmente?
Porque estivo moi mal xestionada polo presidente e vicepresidente. Fixeron unha empresa dúas persoas para beneficio propio. Cooperativa Arzuana e Gancobe eran as maiores accionistas co 51% e as outras nove mantiñan o 49%. Os maiores accionistas poñían trabas á entrada de máis cooperativas co beneplácito da Xunta.
Alimentos Lácteos era unha empresa destinada a aglutinar o maior número de cooperativas de Galicia para pagarlle ao produtor un prezo xusto polo seu traballo.
As cooperativas maiores opoñíanse a entrada de máis porque así perdían forza. De tal maneira que se agora houbese 30 cooperativas isto iría como unha moto.

8. A crise de Alimentos Lácteos afecta a vosa cooperativa?
Sí, repercute polo atraso dos pagos. Esto afecta a nivel de Galicia.

9. Porque ata o de agora nunca houbo unha empresa tan importante neste sector?
Non hai empresa porque é moi difícil aglutinar a todos os gandeiros. Todos queren mandar e é moi difícil pórse dacordo.

10.Cales son as causas de que o sector vaia mal?
Entre Feiraco, Alimentos Lácteos, Leite Río, Ecolab (antiga Clesa) e Peñasanta tiñan que producir o 80% do leite con queixos, iogures, manteiga…Ademais hai moitas explotacións pequenas, hai que aumentar a base territorial, é dicir, favorecer a concentración parcelaria. A entrada na UE na teoría non foi mala, na práctica sí.

11. A semana pasada estiveron en folga. Conseguiron algo con ela?
A folga en principio non valeu para nada. Puido valer para que os sindicatos xustifiquen o seu traballo. Os sindicatos están pagados polos partidos políticos e só funcionarán cando nós os paguemos. Polo de agora son todos iguais.
En teoría o traballo do sindicato debería ser coincienciar á xente de que consuman o noso produto.

12.Que solucións serían as idóneas?
Solucións elaborar o máximo de leite xa sexa en brick e nos seus derivados e coincenciar a poboación de que o consuman xa que o produto galego e español é o mellor.

13. É moi diferente a situación dun gandeiro galego a un holandés?
Non sei o caso concreto dos holandeses, pero en Italia págase a 42 cénts/litro.

14. De seguir así que futuro terá a cooperativa?
Os gandeiros a nivel xeral están moi mal. De seguir así pode que o abandonen o 80% dos produtores. Se o gandeiro vai ben a cooperativa vai ben.


              José Fontao Salgueiro

No hay comentarios:

Publicar un comentario