domingo, 16 de diciembre de 2012

O prezo do leite: como se calcula

A INLAC é a interprofesional láctea creada ao amparo da Ley 38/1994 reguladora das organizacións interprofesionais agroalimentarias creada no seu momento polo Ministerio de medio ambiente, rural e mariño, actual Ministerio de agricultura, alimentación e medio ambiente. O principal traballo que fai este organismo é mediar entre gandeiros e empresarios e ser un organismo de axuda ao consumidor. Actualmente é él o que da os prezos do leite.



Existen tres tipos de cálculo do prezo do leite. O "vaca A", "vaca B" e "vaca C". Destes o de cálculo máis complicado é o A. Os outros dous son máis sinxelos. 

En primeiro lugar o prezo de "vaca B" é aquel que deriva do cálculo do prezo tendo como modelo a Francia, a segunda productora de leite de toda Europa. O problema do caso é que en Francia os prezos desplómanse na primaveira, algo que perxudica moito ao prezo nesta época do ano. Este modelo igual que o de "vaca C" é moi rápido, é dicir, toma os datos da mesma semana. No momento de escribir esta entrada os datos do cálculo deste parámetro son do 12 de decembro e o índice desplómase un 5'38%.

En segundo lugar o prezo da "vaca C" é aquel que deriva do cálculo do prezo tendo como modelo a Alemaña, a primeira productora a nivel europeo. Pero aínda que este índice é moito máis estable ao longo do ano, está feito con datos alemáns e orientados os prezos ao seu modo de produción e nivel de vida. Ao igual que francés os datos son tomados case do mesmo día, sendo os últimos tomados o 12 de decembro tamén. Nestes momentos o índice aumenta un 6'36%.

Por último xa, cabe falar do índice máis complexo, o da "vaca A". Este índice está elaborado polos profesores da USC do campus de Lugo Sineiro e Santiso. É un índice moito máis completo xa que ten en conta moitos máis parámetros. En primeiro lugar está formado por cinco apartados. O primeiro apartado conta un 20% do dato final e está elaborado polo prezo do leite en 5 países. O prezo de Francia conta un 39% do total deste 20%, o de Alemaña un 26%, o dos Países Baixos un 14%, o de Portugal un 12% e o de  Dinamarca un 9%. O segundo apartado ocupa un 10% e ten en conta o prezo de dous queixos de consumo habitual: o Edam (1/3 deste 10%) e o Gouda (2/3 deste 10%). O terceiro factor ocúpanos un 12% do cálculo do índice e está basado no prezo da manteiga. O cuarto factor ocupa un 38% e cálculase segundo o valor do prezo do leite de consumo en España. E finalmente, o quinto factor ocupa un 20% e trata do prezo do penso e outros elementos para a alimentación do gado (alpacas...). Este índice calcúlase con datos de bastante tempo atrais. Neste momento tómanse como datos o 30 de setembro deste ano e sobe un 1'02%.

É bastante obvio que o mellor índice é este último e dado estando como está agora as cousas é un índice que case sempre sube xa que o prezo do penso, dos queixos e do leite en xeral sube continuamente.

Referencias:
INLAC: http://www.inlac.es/index.php/

Vaca A: http://www.inlac.es/index.php/contratacion/indices-referenciacion/refer_es

Vaca B: http://www.inlac.es/index.php/contratacion/indices-referenciacion/refer_fr

Vaca C: http://www.inlac.es/index.php/contratacion/indices-referenciacion/refer_al

Índice conxunto: http://www.inlac.es/index.php/contratacion/indices-referenciacion

Artur Quelle Losada

No hay comentarios:

Publicar un comentario